O día 01 de xaneiro de 2022 entrou en vigor o DECRETO 123/2021, do 2 de setembro, polo que se regula o Marco galego de competencias dixitais e a certificación galega en competencias dixitais (DOG nº 181 do 20 de setembro de 2021).

No seu artigo 13.1 se habilita e autoriza á Rede CeMIT -como entidade pública colaboradora- para a formación e avaliación da cidadanía cara á obtención da certificación galega en competencias dixitais (ComDix)

Nesta plataforma atoparás os contidos didácticos que conforman o itinerario formativo de dita certificación, ben para a súa consulta ou ben cara á preparación da proba de certificación.