"Creando os nosos Adornos de Nadal en 3D” propón unha experiencia formativa na que a creatividade e as ferramentas dixitais de impresión 3D danse a man para celebrar o espírito destas datas.

Neste obradoiro, que tamén conmemora o día da informática, as persoas participantes coñecerán e descubrirán as fases de deseño 3D, dende o prototipado ata a impresión, creando adornos que poidan levar a casa ao rematar o taller. A actividade permitirá, polo tanto, a toma de contacto co mundo do deseño e impresión 3D, aprendendo de forma práctica mentres se fomenta a competencia dixital das persoas usuarias, a innovación e a creatividade.

Neste curso a atoparás a guía didáctica e todo o material necesario para levar o obradoiro “Creando os nosos Adornos de Nadal en 3D” á túa Aula CeMIT.