“Contacontos dixital de Nadal” propón unha experiencia formativa na que a creatividade, a narrativa e as ferramentas audiovisuais se dan a man para celebrar o espírito destas datas.

Trátase dun obradoiro participativo no que o grupo, guiado pola ou polo Axente TIC, aprenderá a transformar un conto de Nadal nun produto audiovisual colaborativo en formato contacontos.

A través desta actividade, as persoas participantes explorarán novas formas de expresión dixital e comunicación, combinando aprendizaxe, diversión e traballo en equipo nun contexto festivo e inspirador.

Neste curso a atoparás a guía didáctica e todo o material necesario para levar o obradoiro “Contacontos dixital de Nadal” á túa Aula CeMIT.