
Este curso permitirache coñecer e manexar os principais dispositivos electrónicos do teu día a día: o smartphone, o ordenador e a tableta. Ao longo dos distintos módulos aprenderás a utilizalos de forma práctica e segura, entendendo como se conectan entre si e como poden mellorar a túa comunicación, produtividade e acceso á información na sociedade dixital actual.
O curso ten unha duración estimada de 32 horas.

Este curso permitirache coñecer e utilizar distintos dispositivos electrónicos orientados ao lecer, ao acceso á cultura e á creación de contidos dixitais. Ao longo dos distintos módulos aprenderás a manexar o libro electrónico, a Smart TV, os dispositivos de son conectados e as cámaras dixitais, entendendo como se integran no fogar dixital e como poden mellorar a túa experiencia de lectura, ocio, comunicación e expresión audiovisual.
O curso ten unha duración estimada de 30 horas.
