
Benvido/a á área de
AUTOFORMACIÓN para a túa preparación cara a obter a Certificación galega de competencias dixitais (COMDIX), nivel
INTERMEDIO.
Como saberás, o
Decreto 123/2021 de 2 de setembro polo que se regula esta certificación, establece no seu artigo 6 as súas formas de obtención, entre as que se atopa a superación dunha proba convocada para este fin pola AMTEGA para aquelas persoas
que non teñan acreditados os seus coñecementos por homologacións, convalidacións ou outras acreditacións.
A tal fin poñemos a túa disposición os contidos que compoñen a certificación COMDIX no seu nivel INTERMEDIO; así poderas formarte ao teu propio ritmo e consultar o material formativo cara a prepararte para realizar o
exame de certificación.
Cando creas que estas preparado/a podes inscribirte nas probas de certificación cando se publiquen no DOGA e en cuxa convocatoria figurarán os prazos, as datas e as localidades onde se realizarán as ditas probas
Características da AUTOFORMACIÓN
-
6 bloques temáticos, que abarcan as áreas de coñecemento que compoñen a certificación
-
Os contidos do plan formativo estarán abertos e serán accesibles todo o ano nesta plataforma de teleformación
-
Non é necesario superar nin completar todo o itinerario formativo, nin seguir por orde numérica ou secuencial o dito itinerario para presentarse ás probas de certificación para a obtención do COMDIX
-
Podes seleccionar e acceder a calquer bloque temático e consultar partes do seu contido ou realizalos completamente
Recorda que para obter a certificación de competencias (ComDix) sempre é necesario realizar e superar a proba de certificación presencial, que se convocará a través da súa publicación no Diario Oficial de Galicia en diversas localidades con aula CeMIT dispoñibles, e non pola realización destes bloques temáticos que se conciben como material de apoio.