Este curso permitirache comprender que é unha factura electrónica, cales son as súas características e en que casos é obrigatoria a súa utilización. Ao longo dos distintos módulos coñecerás o Sistema Electrónico de Facturación (SEF) da Xunta de Galicia, aprenderás a crear facturas con Facturae e a envialas a través do Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas (FACe).

O curso ten unha duración estimada de 15 horas.

Este curso permitirache coñecer os principais servizos e ferramentas da administración electrónica, así como os sistemas de identificación e sinatura dixital necesarios para realizar trámites en liña. Ao longo dos distintos módulos aprenderás a utilizar a sede electrónica, notificacións dixitais e outros sistemas que permiten relacionarse coa Administración de maneira telemática, segura e eficiente.

O curso ten unha duración estimada de 40 horas.