
Este curso permitirache coñecer que é o comercio electrónico e como funciona na actualidade. Ao longo dos distintos módulos aprenderás os seus conceptos básicos, características e tipos, así como os pasos necesarios para crear unha tenda en liña e aproveitar as redes sociais como canle de venda.
O curso ten unha duración estimada de 20 horas.

Este curso permitirache comprender o enfoque InnerSource e como aplicalo no contexto das pequenas e medianas empresas para mellorar a colaboración, a eficiencia e o desenvolvemento de software. Ao longo dos distintos módulos coñecerás os conceptos fundamentais, as ferramentas e prácticas asociadas, así como métodos de avaliación e casos reais de éxito.
O curso ten unha duración estimada de 15 horas.
- Profesor: Daniel Izquierdo Cortázar

Este curso permitirache comprender como xestionar proxectos seguindo o enfoque InnerSource, aplicando principios de colaboración aberta dentro das organizacións. Ao longo dos distintos módulos coñecerás os fundamentos deste modelo, os roles implicados e as boas prácticas para a xestión eficiente de proxectos en contornos colaborativos.
O curso ten unha duración estimada de 15 horas.
- Profesor: Daniel Izquierdo Cortázar

Aprende a buscar emprego en Internet de forma eficaz. Descobre como usar portais como SEPE, Emprego Galicia, LinkedIn ou InfoJobs, crear o teu currículo dixital e preparar entrevistas virtuais con éxito.
O curso ten unha duración estimada de 47 horas.
