
Este curso permitirache iniciarte na creación de contidos audiovisuais para Internet, tanto vídeos gravados como emisións en directo (streaming). Ao longo dos distintos módulos coñecerás o ecosistema do vídeo na rede e darás os primeiros pasos con OBS Studio, un software libre moi utilizado para gravar, mesturar e emitir contido en directo, incorporando escenas, fontes, son e elementos gráficos.
O curso ten unha duración estimada de 15 horas.



