Este curso permitirache coñecer que son as redes sociais, como xorden e cal é a súa importancia na sociedade actual. Ao longo dos distintos módulos aprenderás os diferentes tipos de redes sociais que existen, as súas principais funcionalidades e como utilizalas de maneira segura e responsable.

O curso ten unha duración estimada de 20 horas.

Este curso permitirache coñecer que é un blog e como crear o teu propio espazo na rede. Ao longo dos distintos módulos aprenderás os conceptos básicos relacionados cos blogs, os seus tipos e características, así como o proceso de creación, publicación e administración empregando plataformas como Blogger e WordPress.

O curso ten unha duración estimada de 10 horas.