Neste curso aprenderás a utilizar o procesador de textos LibreOffice Writer 7.5 desde o básico ata funcións máis avanzadas, creando documentos claros, ben estruturados e profesionais para o teu día a día.

O curso ten unha duración estimada de 30 horas.

As follas de cálculo son unha ferramenta esencial para organizar, analizar e representar información. Neste curso aprenderás a utilizar LibreOffice Calc 7.5 para traballar con datos, realizar cálculos e crear gráficos de maneira eficaz.

O curso ten unha duración estimada de 50 horas.

As bases de datos permiten organizar e xestionar información de maneira estruturada e eficiente. Neste curso aprenderás a utilizar LibreOffice Base 7.5.x para crear táboas, consultas, formularios e informes, facilitando o tratamento e análise dos datos.

O curso ten unha duración estimada de 50 horas.

Aprende a crear presentacións claras e atractivas con LibreOffice Impress 7.5, organizando contidos e aplicando deseños que melloren a comunicación da información.

O curso ten unha duración estimada de 30 horas.

Mellora a túa velocidade e precisión ao escribir co teclado aprendendo as bases da mecanografía e practicando coa ferramenta Klavaro.

O curso ten unha duración estimada de 15 horas.